jueves, 14 de mayo de 2015

CÓDIGO ÉTICO APIN-SON

O obxectivo deste Código Ético é asegurar que a política deixe de estar ao servizo de intereses particulares para ser unha actividade na que veciños e veciñas participen e poidan decidir democraticamente en todos os asuntos da súa comunidade.
Os principios recollidos neste Código Ético comprometen a todas as persoas da candidatura que ocupen cargos electos.
Todas estas persoas comprométense a:
Defender a aplicación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos nos ámbitos social, político e institucional da nosa sociedade.
1. Non poderán estar imputados ou condenados por delitos de corrupción, prevaricación, tráfico de influencias, enriquecemento ilícito, suborno, malversación, apropiación de fondos públicos e demais relacionados co exercicio da función pública. Tampouco por delitos por violencia de xénero, xenofobia ou calquera outro contra os Dereitos Humanos ou os dereitos das persoas traballadoras, renunciando de maneira automática ao seu cargo ante unha imputación judicial por as citadas causas.
2. Aceptarán a censura ou a revogación dos seus cargos por desleixo de funcións, mala xestión, incumprimento non xustificado do programa ou dalgún aspecto deste Código Ético,segundo o establecido no Regulamento da Asamblea.
3. Desempeñarán con lealdade, ética e transparencia as súas responsabilidades, defendendo o establecido no Programa Político da candidatura, actuando como verdadeiros representantes obrigados a seguir as decisións tomadas mediante mecanismos democráticos.
A candidatura combaterá especialmente calquera forma de racismo, xenofobia ou discriminación por razón de xénero ou orientación sexual e favorecerá a participación política das mulleres e da xuventude.
4. Comprometeranse á democratización do exercicio das súas funcións, a dar un trato humano e digno aos veciños, moi especialmente a aqueles que pertenzan aos colectivos máis vulnerables.
Comprometeranse, así mesmo, a crear e facilitar nas áreas de traballo que teñan baixo a súa responsabilidade un clima e una cultura administrativa de transparencia, rendición de contas e portas abertas á veciñanza rexeitando comportamentos autoritarios e non democráticos.
5. Renunciarán a agasallos e privilexios que se lles poidan ofrecer. Non duplicarán salarios nin cargos, agás os vinculados á súa condición. 
6. Subscribirán un compromiso de transparencia e rendición de contas ao longo e ao final da súa actividade como representantes. En concreto deberán presentar e facer público un informe de xestión anualmente á asemblea.
7. Garantir a participación veciñal na toma de decisións relevantes e na posición política da candidatura en asuntos estratéxicos e proxectos de impacto social, ambiental ou urbanístico, especialmente en relación co PXOM.
8. Comprometeranse na defensa da lingua galega e a súa normalización na vida do Concello e na protección e enriquecemento do patrimonio material e inmaterial, o medioambiente e a diversidade cultural e artística.
9. Manter un contacto habitual con colectivos en situación de vulnerabilidade, garantir o espazo necesario nas súas axendas para atendelos e dar respostas as súas propostas, e ter presentes á hora de tomar decisións os informes das persoas da administración que traballan con estes colectivos. Tamén como mínimo, un día ao mes deberá de recibir á veciñanza.
Tamén como mínimo unha vez ao ano fará unha reunión en cada unha das parroquias de Ponteceso.
10. Facilitar todos os ingresos, bens e rendementos patrimoniais, así como todos aqueles datos necesarios (rexistro de intereses) para a detección de posibles conflictos de intereses.Este compromiso extenderase aos 3 anos seguintes á súa saída da función pública.
11. Facer públicas as axendas dos representantes, para facer visible con quen se reúnen e os temas que se tratan. Faranse públicos tamén as ordes do día e as actas das reunións.
12. Non acceder durante un período, mínimo de 5 anos, a cargos de responsabilidade en empresas creadas, reguladas, supervisadas, ou que teñan sido beneficiarias dun contrato municipal, dentro do ámbito e/ou sector onde desenvolveu a súa función representativa. En ningún caso se ocuparán cargos nos consellos de administración destas.
As persoas con cargos electos comprométense a:
Limitar o seu mandato a dúas lexislaturas consecutivas, excepcionalmente prorrogable a un mandato máis sempre que se dea un proceso de discusión e validación cidadá, na asamblea da candidatura.

martes, 5 de mayo de 2015

APIN na coalición SON

SON PONTECESO – APIN

Hoxe 21 de Abril de 2015 dende Ponteceso poñemos en coñecemento dos medios que o vindeiro 24 de Maio acudiremos as eleccións municipais.

Onte presentamos unha lista con trece candidatos, baixo o nome dunha nova plataforma chamada SON.
Agrupación Pondaliana Independente (Apin) non desaparece, se non que se integra nesta nova plataforma creada baixo a idea de A Nova, Esquerda Unida, Ecosocialistas e a que se uniron multitude de movementos cidadáns, independentes, asociacións, mareas, etc.

Apin integrase nesta plataforma con fin de evitar a multitude de inconvintes e trabas burocráticas polas que estábamos destinados a pasar se nos presentásemos como agrupación de electores.

Así mesmo compartimos a idea xeral de esta plataforma que non é outra que a de crear unha fronte común contra as políticas que os grandes partidos nos teñen acostumados, creemos que é necesario e imprescindible que xente do común se una e participe da política municipal, queremos devolver o poder democrático os veciños e veciñas, que estes se sintan participes e integrados no seu pobo ou aldea.

Hai catro anos presentámonos cun programa no que os catro puntos básicos eran, traballo, honestidade, transparencia e propostas creativas.

Desta volta, imos redactar asambleariamente e en aberto un programa condicionado a un código ético asinado por todos os membros da candidatura, no que o eixo do mesmo sexan AS PERSOAS E A XENTE COMÚN.
Creamos unha lista na que teñen cabida multitude de persoas de diferentes sectores e nucleos de poboación e na cal todos contribuiremos con propostas, honestidade, e traballo.

jueves, 21 de noviembre de 2013

Entrevista ao Alcalde de Ponteceso en Radio Voz Bergantiños

VECIÑ@S, dende aquí recomendámoslle que empreguen 30 minutos da súa vida en escoitar a entrevista de onte ao Sr. Alcalde de Ponteceso en Radio Voz Bergantiños
BREVE RESUMO: As "Xoias" da entrevista.


TRANSPARENCIA

"A oposición ten toda a información a sua disposición no Concello, como asi debe de ser"

EN APIN SEGUIMOS PREGUNTANDONOS ONDE ESTÁ ESA TRANSPARENCIA, CANDO LEVAMOS DOUS ANOS INTENTANDO ACCEDER A MOITA DOCUMENTACIÓN.

ACHEGAMENTO COA OPOSICIÓN

"Por suposto que si, nos sempre estamos dispostos a falar coa oposición, o que pasa é que moitas veces as preguntas que se fan, ou os temas que se sacan non teñen nada que ver co funcionamento do concello de Ponteceso 

ENTENDEMOS QUE A DÉBEDA DO CONCELLO NON TEN NADA QUE VER CO FUNCIONAMENTO, XA QUE A ESA PREGUNTA NUNCA CONTESTA.

MINA DE CORCOESTO

“Eu non entendo que despois de pasar todos os filtros, tanto tempo co proxecto e que non haxa ningún problema medioambiental, si saliu positivo, non vexo porque o teñen que parar. 

A ÚNICA PREGUNTA NA QUE FOI CLARO, FOI SOBRE A MINA DE CORCOESTO, ESTA CLARO QUE NON SABEMOS A CAMBIO DE QUE…

FAROLAS EN RECINTOS PRIVADOS

“Pois mire, pois mire, pois mire, debería decir onde están esas farolas e automáticamente mandaríamos ali a policía e o electricista para cortalas, pero eeemm a emm ahh aaa min extráñame que sexa certo esto…..”
“ … tiña que decir en tal parroquia en tal lugar hai unha farola que esta enganchada no alumbrado público e é privada”


INTERESANTE CONCLUSIÓN DE UNHA VECIÑA DO COUTO NO TEMA DAS FAROLAS, SE MIRAMOS BEN ALGUNHAS DAS QUE ESTAN EN LUGARES PRIVADOS ALUMEAN MÁIS QUE AS OUTRAS.


FONTE DE CANASTEVES

“… o mantemento do camino creo que esta en bo estado …. Mire eu as informacións que teño son exclusivamente suas… , …. Eu recomendarialle que denunciase vostede se non esta de acordo co veciño xa que ao parecer vostede ten problemas con el, pois demandeo, e se non esta de acordo coa actuación do concello, pois tamén pode demandar o concello tamén”

A FONTE DE CANASTEVES, SE É PÚBLICA HABERÁ QUE COIDALA COMO BEN PÚBLICO

SUBA DE IMPOSTOS

“… o pleno do IBI, humm pois non sei cando vai a ser, e queee non ten porque haber un pleno… ,… eu non sei siquiera se ten que haber o pleno…”
“ Pero hmmm o IBI vaise subir como esta previsto , ou sexa que subirá un 10%... “
“…Como que non lle tocaba… mire levábamos moitos anos sin subilo e claro,claro que lle tocaba…”
“… Mire eu cobro 2.100 euros o mes e creo que non e unha cantidade excesiva para un alcalde que lle dedica todos os días do ano o Concello de Ponteceso 


O QUE A VOZ DE GALICIA NON DIXO SOBRE O IBI E QUE SE PAGA POLO VALOR CATASTRAL, E O VALOR CATASTRAL EN PONTECESO E O MAIS ALTO EN TODA A COMARCA, E NO NPLAN DE AXUSTE O SR. ALCALDE APROBOU A SUBA DE ESTE IMPOSTO DURANTE 10 ANOS, CUN 10% CADA ANO.

ARCEN QUE VAI A ANLLÓNS

…” prometín que se ia facer nesta lexislatura, non en este ano”.

A PROMESA DO ARCÉN IGUAL LLE PASA COMO CA “AUTOPISTA” DE TELLA QUE ÍA ESTAR REMATADA NO 1999 E NO 2013 AINDA ESTA SEN REMATAR.


FAMILIARES TRABALLANDO NO CONCELLO

…” familiar, pois non lle sei decir, mm non llo sei decir, sei que un un teniente alcalde ten un fillo traballando no concello, e que eu sepa …… que eu sepa…. Non se me ocorren máis”

¿SERA QUE FIXO UN ERE O SR. ALCALDE, E BOTOU A ALGÚNS FAMILIARES DE EL E MÁIS DOS SEUS CONCELLEIROS FÓRA?


http://www.ivoox.com/voces-bergantinos-cita-co-concello-ponteceso-audios-mp3_rf_2567975_1.html


martes, 8 de octubre de 2013

En que deriva a mala xestión do Concello

Estos días estan a chegar os recibos de contribución (IBI), recollida de lixo ,etc do Concello de Ponteceso cunha importante subida. A xente pregunta como é esto posible.
Nós avisamos o ano pasado o que ía suceder e aí tedes os resultados pero lembrade que o pasado 30 de setembro o Pleno aprobou unha nova suba para o IBI e a recollida de lixo e aí non queda a cousa. O Plan de axuste do Concello prevé unha subida de tódolos impostos durante dez anos.
Para que é necesaria esta subida de impostos?. Pois para pagar a mala xestión dos recursos que tivo o Concello na época de bonanza, para pagar os despilfarros do Sr. Fondo e compañía e para que os concelleiros sigan cobrando por levantar a man cada dous meses no PLeno.
HAI SOLUCIÓN PARA TODO ESTO?

Está todo nas vosas mans. Teñen que saber no Concello que non estamos dacordo con esto. Protesta no Concello, NON PASES

lunes, 27 de mayo de 2013

PLENO 27 DE MAIO DE 2013, PLENO GRAVADO.

Pleno gravado esta mañá no Concello de Ponteceso, despois de diversos escritos remitidos ao Sr Alcalde, esta mañá o pleno foi gravado. Jose Luis Fondo en palabras a prensa dixo: "non quero que os plenos de Ponteceso se convirtan nun circo, asi que, se queren gravar que graven".
Agora ímoslle explicar nós porque deixa gravar.


DEIXA GRAVAR PORQUE SE TRATA DUN ACTO PÚBLICO E DE CARACTER NETAMENTE POLÍTICO...
PORQUE ASI O RECOLLE A CONSTITUCIÓN NO ARTIGO 20...
PORQUE NON EXISTE NINGUNHA, "NINGUNHA" LEI QUE PROHIBA A DIFUSIÓN DAS IMÁXES...

E por suposto en contra do que dicía na " notiña do pataleo ameazante " que nos fixo chegar, É TOTALMENTE LEGAL E LEXÍTIMO !!!
Así hoxe, neste enlace podemos comprobar a postura particular de cada un dos concelleiros municipais do PP pontecesán sobre a mina, mágoa que Oscar Rey non poidese asistir, sería interesante escoitar tamén a súa postura sobre o proxecto mineiro ...