Falemos hoxe de Tella, falemos hoxe do rural, ¿existe?. Sendo a parroquia con máis habitantes do concello ¿por que esta tan esquencida? Creemos que está esquencida xa que en Tella terían cabida multitude de melloras sen ter que falar de obras "faraónicas".
Por exemplo: 
¿Cantas actividades culturais e deportivas tivo Tella nos últimos vinte anos?, ¿Cantas melloras tiveron os gandeiros e agricultores que aínda a dia de hoxe non poden acceder ás suas fincas con maquinaria pesada e explotar de maneira axeitada os seus recursos?, ¿Por que Tella non ten uns sendeiros acondicionados polos que poder desfrutar da súa historia, por exemplo dos seus nove muiños?, ¿Por que en pleno 2011 en Tella se fan as cousas a medias?, o exemplo claro temolo na carretera que o concello estivo arranxando, habria multitude de solucións para ela e quedaronse ca máis doada,"o funilismo" dende o noso punto de vista un parche que non arranxa o problema.
¿Cantos veciños e veciñas de Tella empregan a pista polideportiva,os vestiarios,a casa dos veciños,...? ¿será porque son pouco participativos ou porque realmente os tecnicos de cultura e deporte non programan nada para esta parroquia? Nos creemos que a xente de Tella merece algo máis,merece solucións os problemas do día a día,e non de vez en cando,tarde mal e arrastro. Por iso o creemos, TELLA EXISTE!!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario