Hoxe ás 9 da mañá celebrouse o primeiro pleno desta nova lexislatura en Ponteceso, mediante o Facebbok é o noso blog: independentesponteceso.com iremos contando a actualidade municipal.
Neste primeiro, temos que reseñar como máis destacado a composición do grupo de goberno así como os soldos asignados, dende o noso punto de vista totalmente desproporcionados tendo en conta a situación de crise que atravesamos.
O goberno nomeou tres dedicación exclusivas:
Jose Luis Fondo Aguiar (Alcalde) - 49.000 €/ano
Jose Pose Facal (Infraestructuras e Policía Local) - 31.000 €/ano
Oscar Rey Calo (Cultura e Normalización Lingüistica) - 31.701 €/ano
E as seguintes dedicacións parciais:
Susana Cousillas Sánchez (Turismo e Xuventude) - 6.960 €/ano
Beatriz Martinez Fernandez (Medio Ambiente) - 6.960 €/ano
M. Durán Mato (Deportes) - 6.960 €/ano
Luis Bermudez Garcia (Sanidade e P.Civil) - 6.960 €/ano
Alberto Amado Cancela (Medio Rural) - 6.960 €/ano
O soldo total dos concelleiros do Partido Popular ascende a un total de 146.501 €/ ano, sen ter en conta os impostos.
Dende APIN creemos que estes soldos non se axustan a realidade económica do Concello, en vez de rebaixarse o soldo con respecto a anterior lexislatura fixeron todo o contario.
Numerosos Concellos cercanos triplican a fonte de ingresos do de Ponteceso e os seus concelleiros non chegan a custarlle esa cantidade desmesurada de cartos.
Por outra banda tamén se aprobou que por asistencia os plenos que se celebrarán o último luns de cada mes impar e ás 9:00 da mañá (Un horario moi axeitado para que os veciños poidan acudir...) os 13 concelleiros cobrarán 50 € cada un.
No hay comentarios:
Publicar un comentario