lunes, 28 de febrero de 2011

Comeza a andaina...

Antes de nada queriamos darvos ás grazas a todos/as por participar neste blog.
A aqueles ou aquelas que pensan que todo isto é fume,dicirlles que o noso proxecto vai en serio.A aqueles ou aquelas que lles parece que "estorbamos" porque non imos facer nada,contarlles que non deben poñerse nerviosos.Se somos tan desastres como din,desaparecemos do mapa municipal despois das eleccións e seguiremos con mais do mesmo,seguiremos coa xeración de políticos locais "NIN-NIN-NIN" (nin proxectos,nin ideas,nin oposición)
Pouco a pouco iremos desglosando o noso proxecto é hoxe comezaremos por un punto fundamental para nós.
¿De que serve que teñamos ás mellores aceras( QUE NON É O CASO) ou os mellores parques para o lecer (QUE TAMPOUCO É O CASO) se todos temos que marchar de Ponteceso para atopar traballo?
A nosa candidatura poñerá todo o seu interese nas persoas e ese esforzo levaranos a buscar "mesmo debaixo das pedras" empresas que queiran invertir en Ponteceso e creen riqueza e postos de traballo.
Este será o noso principal argumento para estas eleccións, sobre todo nestes momentos de crise,e creemos que temos o necesario para desenvolver empresas como:

  • Enerxéticas
  • Agricultura
  • Gandeiras
  • Marisqueiras
  • Madeireiras 
  • Turísticas
  • Economía social.

10 comentarios:

  1. Bo comezo pero sigo pensando que a xente que anda detrás de isto debería ir dando a cara.ánimo

    ResponderEliminar
  2. Esto estase parecendo a oposición de Rajoy "Hay que hacer cambios", pero non se concreta nada. Fan falta máis que boas palabras e intencións. Fai falta xente preparada, xente que coñeza o entorno, fai falta xente con peso no esceario político actual (que xa vemos por onde anda e como está, xa que non hai un peso). En fin, xa veremos quen sodes e despois opinaremos. E que as municipales piden caras, non palabras.

    ResponderEliminar
  3. Pois eu creo que se trata de un bo proxecto e nestos momentos dificiles en que vivimos é moi importante que haxa xente que dedique o seu tempo a querer sacar adiante novas ideas nun pobo no cal non se está a facer ben as cousas!e creo que o menos importante é saber, canto antes, quenes son os artífeces de éste proxecto senon que pouco a pouco dean a conocer todos os proxectos que teñen para levantar éste pobo!

    ResponderEliminar
  4. "É a economía estúpido", si xa vexo, estudiachovos moi ben o manual ou manuais de como ser un bo pólítico e liderar masas. Soa moi ben o que decides, como moi a noruego ou a sueco "enerxéticas" ou "economía social", eu engadiría estas outras "tecnolóxicas e da información", "investigación de mercados alternativos", "farmaceúticas", todo iso está moi ben, pero indica que ningún de vos traballou nunca na empresa privada ou de telo feito, non sabe de que vai a cousa e como funciona o mundo. O cal non sei que é peor, se votarlle a uns que nunca traballaron ou a outros que non saben nada de nada.
    Bueno ainda habería algo peor, votarlles a uns que nunca traballaron e ainda por riba non saben nada de nada.
    COMO CARALLO IDES TRAER ESAS EMPRESAS, RECORDOVOS QUE PRIVADAS, A PONTECESO?, QUE PENSADES QUE PODEDES CHAMAR A UN XERENTE E DECIRLLE, VEÑASE VOSTEDE PARA PONTECESO CON TODA A SÚA EMPRESA, NAVE INDUSTRIAL E TODO?, OU IDESLLE PODER DAR OS CARTOS PARA CONSTITUILAS AQUI, AGORA QUE A BANCA NON LLE DA UN PESO NIN A DIOS?, DE ONDE OS IDES SACAR VOS?...
    Insisto "é a economía estupido...".

    ResponderEliminar
  5. independentes ponteceso9 de marzo de 2011, 1:10

    Sempre é mellor razoar e dabatir que despotricar e insultar, se vostede vai por ese camiño,nós non temos nada de que falar, se pretende que entremos ao trapo vai de lado,siga vostede "traballando" na súa empresa e deixenos coas nosas "barbaridades" que ,por outro lado, non fan dano a nadie, só son as nosas propostas.Entendemos que é peor non ter ningunha pero...
    ¿Ou será vostede deses que estan dacordo en que nos plenos do concello nunca se debata nada de interese para os cidadáns?
    De tódolos xeitos na campaña electoral presentaremos proxectos concretos, coa financiación incluida para levar a cabo neste momento.

    ResponderEliminar
  6. Estou totalmente de acordo con vos, ó fin é o cabo non sodes máis ca pequenos aspirantes a políticos, sendo que a vida é mais doada cando pensas que as túas accións non afectan a vida dos demáis, "non fan dano a nadie" como vos decides, mentres eu me gaño moi "dignamente" a vida, pero fano... e esto ainda non sería grave se vos xogádes algo do voso patrimonio, pero non vos xogades nada, tomades decisións cos cartos dos outros e se vos equivocades non pasa nada, "non fan dano a nadie" pensaredes... Chégaredes moi lonxe, dígovolo eu, tedes maneiras NENOS, a por todas !, tédelo meu voto.
    Por certo "é a economía estúpido", é unha frase feita que quere decir... bueno, vos sodes novos así que mellor mírade o seu significado na wikipedia. Pero non é ningún insulto. Bueno, pode selo no sentido de que se non sabes o que é, e non te molestas en búscalo e sabelo, digas que é un "insulto", e o que te escoita poida pensar que non sabes nada, que es un ignorante vamos, pero fóra de este significado non é un insulto.
    É outra cousa, eu nunca vos chamei "bárbaros", nin dixen que ó que decides poida ser unha "bárbaridade", bueno non polo menos de xeito explícito, quero decir, non a menos que pensedes ca miña referencia ós "suecos" e "noruegos" é unha referencia ós pobos "bárbaros" do norte de Europa, porque se é así reafirmovos a miña intención de voto, Qué me gustaría a min máis cá vivir coma un nuruego!

    ResponderEliminar
  7. Vaia chorrada de partidillo por dios, menuda xentiña, en fin

    ResponderEliminar
  8. jaja, ahh, os comentarios publicádelos según vos conveña o que a xente poñamos non?jjajaa, viva a democracia.

    ResponderEliminar
  9. Xa empezamos cas mentiras dos candidatos.O numero 3 do PP nin vive en Corme,nin e presidente da AAVV de Corme.
    E un cambiachaquetas peseteiro.

    ResponderEliminar
  10. Xa me gustaria expresar o meo modo de pensar... pero como non encontro palabras... eu o k digo e k...hay que esperar.

    deixar andar a eses que queren polo menos luitar polo seo pobo,teñen todo o dereito para poderse presentar,respectar e viva a democracia.

    un de por aki.

    ResponderEliminar