lunes, 18 de abril de 2011

Como foi a presentación:

Na presentación da Agrupacion Pondaliana Independente fixose un repaso dos catro ultimos anos de politica local cun especial seguimento á actitude do Alcalde cos que non pensan coma el.
Explicouse o porque desta candidatura , o diferente que é con respecto ás candidaturas dos partidos poñendo como exemplo os problemas derivados do POL e as actitudes dos tres partidos que hai na actualidade no Concello.
Esbozouse algo do programa elecoral.Fixose especial fincapé na creación
de postos de traballo e faluose dun proxecto para o que xa hai financiación e no que se poderían crear 20 postos de traballo directo e unha boa cantidade ,aínda sen especificar, de postos indirectos
Falouse da necesidade,non de facer obras faraonicas senon de traballar no cotiá, nos problemas que hai á porta das casas e facer uns presupostos participativos no que os veciños participarán e decidirán en que se gastan os cartos e cales son as prioridades de cada parroquia e lugar.
Pedimos os asistentes que suban ó tren que convenzan ás súas amistades e que aposten por API porque non os imos defraudar. Ao mesmo tempo falamos da campaña que se vai realizar que será de porta en porta , falando con toda a xente e escoitando todas as súas suxerencias sen grandes mitines
e sen vender fume porque a politica é outra cousa
Rematamos pedindo aos veciños que esperten , que queremos un concello para vivir e disfrutar e que o noso tren está cheo de aire fresco e queremos compartilo cos veciños.

Os integrantes desta agrupación son:
14- Suso Busto (Pazos)
13- Antonio Mosqueira (Anllóns)
12- Mª Carmen Cambón Varela (Brantuas)
11- Cristina Santos Rodriguez (Ponteceso)
10- Adrián Pombo Rivera (A trabe)
9- Adrián Pose Gontad (Ponteceso)
8- Estrella Castro Varela (Cores)
7- Eduardo Varela López (Ponteceso)
6- Nuria Rodriguez (Corme)
5- Modesto Velo Parga (Tallo)
4- Jose Ramón Suárez Santos ( A Graña)
3- Guadalupe Novo Rojo (Corme)
2- Marta Puente Lema (Tella)
1- Xose Manuel Pose Verdes ( Candidato)

Agradecemos a boa acollida na presentación da candidatura é prometemos traballar arreo para intentar situar Ponteceso no lugar que lle corresponde.

14 comentarios:

  1. A verdade e que me acabo de levar unha desilusión bastante grande. Tiña moito interés en seguir esta idea e apoiala o vindeiro 22 de maio, estaba vendo a xente nova traballar en busca de ideas, xente moi valida como Eduardo, Cristina, Adrián ou Jose Ramón por poñer un exemplo.
    Pero o pau gordo que me acabo de levar e o número 1 da lista. Pareceme penoso que non sexa capaz de apartarse a un lado e deixar a xente nova traballar. Perxudica totalmente a esta idea, en vez de sumar votos resta e da lástima de verdade. O tema da Asociación Cultural vaille pesar en toda a campaña, non hai mais que sair as rúas e preguntar que lle parece a xente o cabeza de lista. A resposta e: mirade como está a Asociación, vaia peza para estar no concello.
    Unha persoa que non se relaciona con casi nadie neste pobo, non moi agradable e mal encarado. Sería mil veces mellor cabeza de lista Adrián, que nada ten que ver con esa imaxe.
    Aquelas persoas como mín, que tiñamos as nosas esperanzas postas nesta idea o comprobar quén é o líder pois sentimonos defraudados. Oxalá se poda dar marcha atrás con este candidato porque do contrario non se conseguirá nada.

    ResponderEliminar
  2. Leendo este post no blog pensei en non contestalo,sen embargo e dandome conta de que por alusións me compete e de que en internet a día de hoxe ata aos anónimos se lle pon nome por moi emascarados que parezan,imos alo:
    A formación desta agrupación política fixemola uns cuantos descontentos incluído o nº1 da lista,"meu pai",esta agrupación foi totalmente aberta a toda persoa que quixera participar e funcionou sempre de forma asamblearia,entrar agora e de maneira "anónima" dicindo que o nº1 da lista non é valido pode ser comprensible sempre e cando os argumentos empregados teñan algo de valor, explicome: en primeiro lugar vencellar a Asociación Cultural con este proxecto non é de recibo,as causas que levaron a asociación o estado actual foron moi dispares,e para nada total responsabilidade dunha soa persoa cando se trata dun colectivo de socios,pensar que nos embarcamos neste proxecto para rematala e tirar pedras sen saber a onde,certo é que queremos rematala,pero xa queriamos antes,queremos agora e quereremos despois dos comicios,aínda que o resultado destes sexa nefasto.
    Na calificación que fai vostede de "vaia peza" imaxino que será pola multitude de cousas que Jose Manuel leva feito por Ponteceso...pararme a nomealas todas levaría moito tempo.
    Nas calificacións persoais mellor absteñome.
    Ás persoas que nos califica como válidas traballamos neste proxecto,aportamos ás nosas ideas,o noso traballo,ás nosas ganas e non nos consideramos marionetas seguindo a un lider, que nós escollemos,polo tanto non ten que "apartarse a un lado".
    Tamén de todolos xeitos agradézolle que pense que eu sería un bo cabeza de lista,nestas eleccións non vai ser asi,pero son aínda moi novo,quedame tempo,moitas forzas e ilusión.

    PD:Para mada quero que pense que esta foi unha defensa a ultranza da figura de meu pai, simplemente unha aclaración con nome e apelido da que estou seguro comparten todos os integrantes da nosa lista e moitas persoas de Ponteceso.

    ResponderEliminar
  3. O meu apoio incondicional a este grupo, a por un cambio importante. Desgraciadamente non podo votar, por circunstancias da vida tiven que emigrar, pero estou un pouco enterada desde grupo de xoves e nontan xoves que queren facer algo novo, dende lonxe mando animos a toda a xente que poida votar.

    ResponderEliminar
  4. dende logo q a comparto cos ollos pechaos.

    ResponderEliminar
  5. Véxome na obriga de escribir aquí unhas letras, principalmente para o primeiro comentario (Anónimo). A miña intención non é discutir nesta páxina, simplemente creo que é necesario facer memoria ou recordar algunhas cousas. Como pos un exemplo que me toca, como é o da Asociación Cultural Río Anllóns, pois teño que facerlle algunha aclaración.

    En primeiro lugar, esa é unha asociación veciñal sen ánimo de lucro, polo que todo o traballo realizado nela foi, é e será de forma desinteresada e voluntaria. Se José Manuel está e estivo de presidente moitos anos, é porque os seus socios veciños/as de Ponteceso así o quixeron e queren. E mira ... tan mal non o debe ou debeu facer, e vouche dar algúns recortes.

    O edificio antigo da asociación (o que estaba ó final do paseo), foi levantado gracias a xente coma José Manuel e Joaquín Dominguez (e moitos máis que non vou poñer aquí). Esta asociación, co traballo de xente coma o cabeza de lista desta agrupación, foi capaz de poñer o primeiro parque infantil da vila (único durante dúas décadas) e onde nenos e nenas coma min, compartimos o mellor da nosa infancia. Foron quen de facer un edificio de 3 prantas, onde se poideran facer representacións e ciclos teatrais e ver cine (único lugar en todo o concello durante moitos anos -que agora mesmo non sei se o hai- ...). Aquí houbo un grupo de baile rexional, clases de gaita, bailes de salón, un ciber e un longo etc. Todo elo, en primicia na comarca, xa non che falo do concello. Foron quen de levar o cine ó aire libre por tódalas parroquias do concello (seguro que non o lembras, pois foron os primeiros en toda Galicia), de facer o 2º festival folc máis antigo de Galicia (que viviu ata que as circunstancias o permitiron; traendo a Milladoiro, Matto Congrio, Ballet de Bielorrusia, Mairtin O´Connor Band, A Roda, Amancio Prada, ...), de facer a primeira feira de artesanía da comarca, organizar a festa do cabalo (si, aínda que logo o recolleran outros, foron os que lle deron o impulso a tantas cousas). ¿A que non recordas cales foron os primeiros campamentos que houbo e as primeiras rutas de senderismo? ... pois foron os da asociación. ¿Quén non recorda os "Vran Culturais" da asociación? os certames e exposicións de fotografía, pintura e escultura. As primeiras acampadas, os talleres de manualidades, ...cursos de mecanografía e informática. Todo esto foi capaz de facelo a persona da que tan pouco crees nel (e de forma desinteresada, no seu tempo libre). ¿E do canal TeleRío? ... ¿a quen non lle gustaba ver películas boas e o fútbol os domingos?. ¿E de RadioRío? ¿quén non recorda as entrevistas os máis vellos, as anécdotas de tempos pasados, os programas de música, etc?

    ... ...

    ResponderEliminar
  6. Claro, que tamén che podo falar das Festas da Barquiña, na que formei parte durante varios anos e con distintas comisións. E mira ti, que José Manuel era quen de facer virguerías cos cartos recaudados (e iso que non era a comisión que máis recaudaba). ¿Quen non recorda ó mago e mentalista Tony Kamo nas festas da Barquiña?. E xa paso de falar da Festa da Angula. Quizais ninguén recorda da marea de xente que houbo nos dous anos de vida que tivo.

    ¿E qué me decides da Cabalgata de Reis? ... ata saímos na TV nacional durante moitos anos (en barco, en globo, en paramotor, en limusinas, helicóptero,... ), nin os da capital o creían. Pois todo saía da labor desinteresada de persoas coma José Manuel.

    Xa ves que facendo un pouco de memoria, temos algo bo de cada persoa. Espero que recapacites sobre o dito ou quizais non, pero é o que hai, polo menos para min. E sobre a traxectoria da asociación, creo que chega (por agora).

    E para saber cómo está e como chegou a asociación á situación que está agora, creo que se foses socio de dita asociación, estarías máis informado do tema e poderías tomar cartas no asunto.

    A Asociación e Ponteceso ten moito que agradecerlle a esta persoa o seu traballo desinteresado á sociedade.

    Coa política, pois non che vou dicir cómo o fará él, nin o resto de partidos e agrupacións que se presentan, pois ... nin sei qué propostas levan cada un deles.

    Saudos
    Quito

    ResponderEliminar
  7. Hai que publicar todos os comentarios ou se non suprimir a opción de comentar, que parecedes a Fox. Fixen un comentario onte e non o publicáchedes, eso xa di moito de vós.

    ResponderEliminar
  8. todos os meos animos a a esa APIN e o que encabeza a lista pra que siga adiante en esta andadura politica,estou muito da acordo con Quito ,solo hay que lembrar.

    ResponderEliminar
  9. Esto vai pra un dos anónimos. Neste blog non se deixa sen publicar nada sempre e cando non sexan insultos,blasfemias e criticas sen sentido algún,ate o de agora todos os comentarios foron publicados, e os que chgegaron onte tamén, polo tanto prema vostede en "publicar comentario" e lembre que xusto enriba pode escoller entre "anónimo" ou o seu nome.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  10. eu son unha persoa que apoia esta candidatura cos ollos pechados, porque creo na transparencia deste partido. Habra moitos comentarios negativos, seguro, porque, non chove a gusto de todos, pero creo que poñendo zancadillas inutiles, non conseguiran que este partido se disolva.
    O bo que ten e que o fan con mpoita ilusion e como dixen antes con moita transparencia, e estou convencida que o 22 de maio algo conseguiran aposto por eso.
    O concello necesita un cambio e con esta xente conseguirano. Un saludo a xente que apoia esta candidatura. p

    ResponderEliminar
  11. Isto de agocharse detrás de un anónimo para poñer verde a alguén non é moi ético, pero así funciona a rede. Eu teño a esperanza que moitos dos comentarios insultantes hacia o cabeza de lista sexan persoas moi próximas o PP, ou o mellor incluso asalariadas do PP.

    ResponderEliminar
  12. Me he tomado la delicadeza de pasar por todas las webs que tendrán representación política en el concello de Ponteceso y veo que esta es la única en la que se comenta algo, sea a favor o en contra. Por ello, llego a la conclusión de que hay ciertas personas que se encuentran incómodas con esta nueva situación política.

    Ánimo a todas ellas y en especial a la vuestra.

    P.D. "ladran, luego cabalgamos ..." (El Quijote)

    ResponderEliminar
  13. En resposta o anonimo q critica o cabeza de lista,ainda q Quito xa o deixou mais q aclarado,creo q os Pontecesans nos debiamos de preocupar mais de como esta o concello de q como esta o edificio da asociacion.Eu recordo dende pekeno q todas as actividades de ocio q se realizaron no noso concello foron todas organizadas por Jose manuel,Quito,joaquin,Adrian (sendo un neno ainda),e a cambio de que?? mais q de perder o seu tempo libre para q os demais disfrutasemos,mentres q os empregados do concello q cobran un soldo Q COJONES FAN??q actividades hai na ponte??..creo q deberiamos estar orgullosos de ter xente asi no pobo,porque pode q nn todo o q intentan facer lles saia ben pero polo menos intentano,non como os q nos gobernan.Penso q todos esos comentarios q se cocen pola rua veñen de quen veñen,de peperos q nn ven nada mais ala q da gaivota,q non se dan conta q agora mesmo dirigen o concello non q mandan nel,q lles parece q todo e seu.
    Pode q o cabeza de lista de API non sexa tan extovertido co ma outros (o sr Fondo tampouco dende logo)pero estou seguro q si consegue gobernar e ten q dirixirse a el seguro q lle contesta con mais educacion q o actual alcalde,e seguro q tamen lle dedica mais horas de oficina q o sr Fondo.Eu creo q principalmente pa gobernar este concello o primeiro q hai q facer e vivir nel,o dia a dia,e ver en primeira linea os problemas q hai,e non baixar de juan florez as 10 ou as 11 da mañan e volver a 1 e media.Ponteceso esta morrendo,cada vez mais rapido e coa actitude pasota do actual goberno mal imos

    ResponderEliminar
  14. Quizais non sexa a persoa máis indicada para opinar pero dende aqui fágoo a cara destapada. Para evitar confusións, sáibase que o meu segundo apelido é Rodríguez.
    Seguindo na liña do comentado realmente non me sorprendo. Pregúntome sen embargo a que vén tanta saña na figura dunha persoa. Aquí somos un grupo de persoas cunha serie de propostas, o debate debería circular arredor das mesmas e non do que un sexa ou fose. Porque se nestas nos poñemos, considero xusto que se faga o mesmo con algunhas das personaxes que compoñen tanto o goberno como a oposición.
    O problema está en non saber aceptar que hai un sector descontento, veciños que buscan alternativas. Esto non é a "CUORE", (ainda que hai bastantes "AAAAGH!!" que sacar á vista), non se pretende nin ridiculizar, nin calumniar, difamar ou sinónimos varios. Simplemente temos ante nós unha situación que consideramos mellorable e se somos acusados de pecar por isto, pena de morte a todos nós.

    ResponderEliminar