jueves, 21 de noviembre de 2013

Entrevista ao Alcalde de Ponteceso en Radio Voz Bergantiños

VECIÑ@S, dende aquí recomendámoslle que empreguen 30 minutos da súa vida en escoitar a entrevista de onte ao Sr. Alcalde de Ponteceso en Radio Voz Bergantiños
BREVE RESUMO: As "Xoias" da entrevista.


TRANSPARENCIA

"A oposición ten toda a información a sua disposición no Concello, como asi debe de ser"

EN APIN SEGUIMOS PREGUNTANDONOS ONDE ESTÁ ESA TRANSPARENCIA, CANDO LEVAMOS DOUS ANOS INTENTANDO ACCEDER A MOITA DOCUMENTACIÓN.

ACHEGAMENTO COA OPOSICIÓN

"Por suposto que si, nos sempre estamos dispostos a falar coa oposición, o que pasa é que moitas veces as preguntas que se fan, ou os temas que se sacan non teñen nada que ver co funcionamento do concello de Ponteceso 

ENTENDEMOS QUE A DÉBEDA DO CONCELLO NON TEN NADA QUE VER CO FUNCIONAMENTO, XA QUE A ESA PREGUNTA NUNCA CONTESTA.

MINA DE CORCOESTO

“Eu non entendo que despois de pasar todos os filtros, tanto tempo co proxecto e que non haxa ningún problema medioambiental, si saliu positivo, non vexo porque o teñen que parar. 

A ÚNICA PREGUNTA NA QUE FOI CLARO, FOI SOBRE A MINA DE CORCOESTO, ESTA CLARO QUE NON SABEMOS A CAMBIO DE QUE…

FAROLAS EN RECINTOS PRIVADOS

“Pois mire, pois mire, pois mire, debería decir onde están esas farolas e automáticamente mandaríamos ali a policía e o electricista para cortalas, pero eeemm a emm ahh aaa min extráñame que sexa certo esto…..”
“ … tiña que decir en tal parroquia en tal lugar hai unha farola que esta enganchada no alumbrado público e é privada”


INTERESANTE CONCLUSIÓN DE UNHA VECIÑA DO COUTO NO TEMA DAS FAROLAS, SE MIRAMOS BEN ALGUNHAS DAS QUE ESTAN EN LUGARES PRIVADOS ALUMEAN MÁIS QUE AS OUTRAS.


FONTE DE CANASTEVES

“… o mantemento do camino creo que esta en bo estado …. Mire eu as informacións que teño son exclusivamente suas… , …. Eu recomendarialle que denunciase vostede se non esta de acordo co veciño xa que ao parecer vostede ten problemas con el, pois demandeo, e se non esta de acordo coa actuación do concello, pois tamén pode demandar o concello tamén”

A FONTE DE CANASTEVES, SE É PÚBLICA HABERÁ QUE COIDALA COMO BEN PÚBLICO

SUBA DE IMPOSTOS

“… o pleno do IBI, humm pois non sei cando vai a ser, e queee non ten porque haber un pleno… ,… eu non sei siquiera se ten que haber o pleno…”
“ Pero hmmm o IBI vaise subir como esta previsto , ou sexa que subirá un 10%... “
“…Como que non lle tocaba… mire levábamos moitos anos sin subilo e claro,claro que lle tocaba…”
“… Mire eu cobro 2.100 euros o mes e creo que non e unha cantidade excesiva para un alcalde que lle dedica todos os días do ano o Concello de Ponteceso 


O QUE A VOZ DE GALICIA NON DIXO SOBRE O IBI E QUE SE PAGA POLO VALOR CATASTRAL, E O VALOR CATASTRAL EN PONTECESO E O MAIS ALTO EN TODA A COMARCA, E NO NPLAN DE AXUSTE O SR. ALCALDE APROBOU A SUBA DE ESTE IMPOSTO DURANTE 10 ANOS, CUN 10% CADA ANO.

ARCEN QUE VAI A ANLLÓNS

…” prometín que se ia facer nesta lexislatura, non en este ano”.

A PROMESA DO ARCÉN IGUAL LLE PASA COMO CA “AUTOPISTA” DE TELLA QUE ÍA ESTAR REMATADA NO 1999 E NO 2013 AINDA ESTA SEN REMATAR.


FAMILIARES TRABALLANDO NO CONCELLO

…” familiar, pois non lle sei decir, mm non llo sei decir, sei que un un teniente alcalde ten un fillo traballando no concello, e que eu sepa …… que eu sepa…. Non se me ocorren máis”

¿SERA QUE FIXO UN ERE O SR. ALCALDE, E BOTOU A ALGÚNS FAMILIARES DE EL E MÁIS DOS SEUS CONCELLEIROS FÓRA?


http://www.ivoox.com/voces-bergantinos-cita-co-concello-ponteceso-audios-mp3_rf_2567975_1.html


No hay comentarios:

Publicar un comentario