miércoles, 9 de marzo de 2011

E seguimos...

Hai 18 anos que o PP goberna neste concello. Neses 18 anos nunca se soubo cal é a debeda real do mesmo porque cando entraron falaban de que o goberno anterior os deixara moi mal pero sen cuantificala. A oposición a día de hoxe tampouco soubo cuantificala. ¿Como pode ser isto posible?
Nós creemos que o primeiro que debe facer un goberno é saber o que se debe,e intentar de tódolos xeitos posibles rematar con esa historia que corre polo pobo, que moitas empresas teñen que esperar 3,4 ou mesmo 5 anos para cobrar ás facturas.
Propoñemos como medidas de axuste:

  • Reducción dos soldos dos concelleiros e eliminación de postos de asesores e superfluos. Con esta medida teremos un aforro aproximado de 150.000 € por ano.
  • Non sabemos exactamente o numero de farolas do concello, pero intuímos que hai dúas por habitante,é dicir unhas 12.000 en todo o concello. Só con apagar ás menos necesarias dende ás 2 da mañá ata ás 8 aforraremos 100.000 € por ano,e levando a cabo outras medidas de aforro enerxético podemos reducir aínda máis o consumo eléctrico.
  • Restructuración do persoal laboral.
  • Racionalización do gasto en comunicacións.
Finalmente con estas medidas estamos a falar duns 400:000 € máis ou menos 10% do presuposto anual do concello.

9 comentarios:

  1. ¿Que estades de cachondeo? 12.000 faloras no Concello. Creo que flipades algo.

    ResponderEliminar
  2. Hai quen di que neste Concello goberna e escolle a oposición o PP. Estou empezando a crelo.

    ResponderEliminar
  3. A min non me engañades17 de marzo de 2011, 11:56

    Acordadevos de dar a cara antes das eleccións oh, que se vos vai pasa a fecha e ides seguir na alcantarilla escondidos.

    ResponderEliminar
  4. que non, que non me engañades17 de marzo de 2011, 11:58

    bueno, xa se ve o exitazo que tades tendo, a increible actividad do voso blog e do voso espazo en facebook. Buah, non se vira cousa igual.ç
    HAY QUE TER POUCA VERGONZA PARA XOGAR ASI COA XENTE A QUE PRETENDEDES GOBERNAR (EN SOÑOS, DIGO)

    ResponderEliminar
  5. Vaia banda se presenta.¿Independentes?

    ResponderEliminar
  6. "HAY QUE TER POUCA VERGONZA PARA XOGAR ASI COA XENTE A QUE PRETENDEDES GOBERNAR"
    Paréceme incrible que alguén teña o descaro de poñer semellante comentario polo simple feito de que veciños do noso concello teñan ansias e interese por aportar as súas forzas coa única finalidade de mellorar "o panorama". Están no mesmo dereito que o resto das candidaturas.
    E quizais non sexan deses que van untando (sexa lido en sentido figurado; para máis información a RAG pode solucionarvos dúbidas) a uns e outros co fin de meter no peto o seu voto e mantelo para a eternidade.
    Considero que deberían ser respetados coma os "grandes políticos" do noso prezado concello e as súas propostas postas na mesa.

    ResponderEliminar
  7. Pero al final os presentais a las elecciones o no? Quién conforma la lista? Por muy buenas ideas que tengais si no sabemos quienes sois...difícilmente podemos confiar en vosotros.

    ResponderEliminar
  8. Fondo xa cheiras en Ponteceso,e imaxinome que o Xudas que levas na lista non tera a cara de virme pedir agora o voto para o PP,cando non hay tantos anos que mo veu pedir para o BNG(Vaia elemento).

    ResponderEliminar
  9. que se largen esos impresentables!!! da asco ter q ir pedir algo o noso concello,ademais de nn dar nada tratan a un como a merda e parecelles q mandan en todo!!! gustariame saber onde teñen o zulo onde gardan a pasta toda q levan roubado....ou polo menos dar soamente coa parte q mangaron da famosa marquesina q xa me daba pa vivir uns aniños.ten razon jesus cheira...bueno non mais ben APESTA!!!

    ResponderEliminar