viernes, 24 de junio de 2011

Bla, Bla, Bla, Bla ....

Atendendo a nota de prensa publicada hoxe polo PP de Ponteceso, e tendo diante o INFORME ECONÓMICO-FINANCIEIRO para este exercicio facilitado pola secretaría do Concello, informásvos que a media de gasto dos concellos en España é do 31.57% do presuposto. No caso de Ponteceso sube ate o 44.7%, é dicir 13 puntos máis que a media de España. Se temos en conta a comarca de Bergantiños tódolos seus concellos baixan da media menos Ponteceso.
Isto non sería ningún problema sempre que Ponteceso tivese mellores servizos, mellor mantemento... é dicir que se aproveitase o capital humano do Concello, pero polo que todos vemos polas ruas isto non é asi.
Non sabemos de onte quita o Alcalde o 35% de gasto que pon na prensa, a non ser que haxa dous presupostos, un oficial, e outro que só el sabe. Igual pasa como coa débdeda do Concello, que hai unha oficial, e outra que ninguén sabe mais ca el.
Vemos que aqui tampouco lle fai caso o seu líder político que pide informar a "calzón quitado" das débedas de cada organismo.
Por outra banda na prensa fala de que faríamos os da oposición se estivésemos no goberno, nós xa propuxemos na campaña electoral baixar os gastos de concelleiros e Alcalde a metade, para nós a presenza nunha candidatura non significa a búsqueda dun soldo no Concello tal e como da a entender o Sr. Fondo cos candidatos que van na lista do PP, que so van para cobrar.
PD: Nós sí nos informamos en intervención.

No hay comentarios:

Publicar un comentario