jueves, 21 de julio de 2011

Pleno Ordinario o vindeiro martes 26 de xullo ás 9 da mañá.

O vindeiro martes 26 de Xullo celebraráse o pleno ordinario da corporación municipal de Ponteceso, polo tanto dende APIN informámosvos das cuestíons que levaremos a pleno.

. Expoñeremos que o paro e o principal problema que ten o país e o Concello de Ponteceso non é alleo a este problema. Nos últimos meses aumentou o paro neste Concello cando nos limítrofes disminuiu de xeito considerable ,polo tanto propoñemos:
Fomentar o emprego neste Concello coas seguintes medidas:
Plan de reactivación do comercio minorista
Favorecer o autoemprego
Escola municipal de emprendedores
Rebaixas de impostos para novas empresas
Acordos do Concello de Ponteceso coas entidades financieiras para microcréditos
Plan de emprego municipal para obras e servicios
Asistencia técnica a emprendedores

. Preguntaremos ao Sr. Alcalde para que conteste no Pleno da Corporación Municipal se ten previsto levar a cabo algún programa para relanzar o sector da hostalería de Ponteceso que nestes momentos pasa por unha profunda crise sobre todo no que se refiere ao ocio nocturno durante os fins de semana.

. Pregarémos ao Concelleiro de Comunicación , D. Oscar Manuel Rey Calo que explique ao Pleno da Corporación Municial a nova publicada na páxina Web do Partido Popular que fai referencia a que” o Sr. Pose Verdes adica o primeiro pleno a preocuparse polas súas cousas”

. e pregarémos ao Sr. Alcalde do Concello que lle conteste ao Pleno da Corporación Municipal quen é o xefe de persoal do Concello.

. Ademais faremos dúas mocións conxuntas co PSOE e BNG, unha delas sobre a posibilidade de constituír unha comisión de seguemento dos traballos para a revisión do Plan Xeral de Ordenación Urbana en Ponteceso, co fin de obter o consenso entre todas ás forzas políticas e a máxima transparencia. e outra para pedir un local no que ás forzas da oposición poidan recibir os veciños.

Ademáis queremos dicirvos que se tendes algunha pregunta ou cuestión que queirades levar o pleno, podedes facernola chegar, estudarémola e procuraremos presentala nos seguintes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario