viernes, 14 de octubre de 2011

PLENO EXTRAORDINARIO DO 10 DE OUTUBRO EN PONTECESO

O acontecido no Pleno do Concello de Ponteceso o pasado luns,10 de outubro , non debe deixar no olvido o que era importande do mesmo.

Na liquidación do ano 2010 atopamos dúas cifras importantes. A primeira dinos que o Concello de Ponteceso ten facturas sen respaldo presupuestario por un importe de 1.860.000      É dicir 300 millóns de pesetas máis ou menos con facturas de ata o ano 1999 , é dicir ,de hai 11 anos.
A segunda dinos que o remanente do ano 2010 é negativo en 1.290.000    o que quere dicir que se presupostaron máis ingresos dos que houbo é polo tanto débese esa cantidade de diñeiro.

Se sumamos as dúas cantidades vemos que temos unha debeda de 3 millóns de euros ás que temos que sumar os préstamos , un de un millón de euros deste ano máis os que había de anos anteriores. Estamos a falar duns 4.500.000 pasado en pesetas que parece que asusta máis son uns 750 millóns de pesetas.

Estos datos estan sacados dos informes de intervención e non podemos entender como o Sr. Alcalde se empeña en dicir que a débeda non é esa e , sobre todo, non podemos entender que siga sen tomar medidas para amañar o problema . Hai poucas datas publicouse na prensa que había moitas posibilidades que os orzamentos fosen prorrogados e é aí onde se pode empezar a correxir  o desfase

No outro punto da orde do día tratábase da petición dun préstamo ao ICO para o pago de facturas pendientes da conta 413 ( facturas sen respaldo presupuestario) por un importe de 186.000 ( o máximo permitido) .

Na prensa o Sr. Alcalde dixo que con ese préstamo amañaríase unha parte importante das facturas pendientes  pero segundo os nosos cálculos se na conta 413 había unha débeda de 1.860.000 e só se pagan 186.000 veñen quedando o 90% das facturas sen pagar

En resumen, un panorama negro que o Sr. Alcalde non quere ver posto que segue despilfarrando e xestionando mal os recursos. Pensamos que é hora que se xestione mellor porque de seguir así logo virán recortes máis dolorosos.

1 comentario:

  1. Penso que sería importante que os cidadáns soubesen o estado real das contas e xestións do alcalde, para que todos coñezan a situación real e facer algo ó respecto. Co apoio de todos e de xeito que todos estemos informados, porque penso que hai moita xente que o desconoce, poderíase atopar algunha solución e, sobre todo, que o alcalde responda e resolva esta situación, para iso a maioría da poboación(que non todos) o votou e esta ó cargo do concello.Porque, de non ser así, esto vai ir a peor.

    ResponderEliminar