martes, 15 de mayo de 2012

Pleno Extraordinario do Luns 14 de Maio de 2012 en Ponteceso


Onte houbo pleno extraordinario en Ponteceso, onte o equipo de goberno seguiu adiante coa idea de que os cidadáns paguen a mala xestion destes vinte anos de república bananeira, a subída de impostos levaráse a cabo, unha subida que repercutirá nas familias do concello.
A solución era moito máis doada ca iso, con so rebaixarse un 50% do total dos soldos dos concelleiros do Partido Popular, con red...ucir os gastos superfluos como o de gastar cada mes 4.500 euros de telefonía fixa e movil, o problema estaría arranxado.
A política nun concello como o de Ponteceso non é tan complexa como as veces podemos chegar a pensar, 2 + 2 son catro.
No pleno de onte revisábanse facturas do montante de 1.681.000 que o concello ten que pagar, alí atopábanse cousas tan curiosas, tan curiosas, como facturas de tres carnets de socio do R.C Deportivo da Coruña, arranxoos de maquinariá que triplicaban o valor da maquina comprandoa nova, como non MUROS DE PEDRA, a construccíón que máis abunda no noso concello, mariscadas de 600 euros, facturas de avogados a esgalla, e ate un reportaxe fotográfico do "xefe".
Dende APIN creemos que isto maneira de gobernar ten que cambiar, unha maioria absoluta non da dereito a tratar así os veciños

No hay comentarios:

Publicar un comentario