sábado, 29 de diciembre de 2012

Reparación urxente no malecón

APIN solicita a urxente reparación do tramo de ruta de sendeirismo do
malecón, recordamos que cando empezara a ter problemas (hai un ano)
pedimos no pleno municipal que se amañase, o equipo de goberno non nos
fixo caso e agora os problemas son máis graves e está a punto de ter
que levarse a cabo unha gran inversión.
Non entendemos que o malecón se derrumbe xustamente polos tres lugares
que se reforzaron hai tres anos, unha obra de hai 150 anos so ten
problemas neses tres puntos, e cos avances que hai agora é cando menos
sorprendente que non se tomen medidas
E enntendemos menos a falta de interese do Concello cando neste
exercicio se gastaron unha importante cantidade de cartos (150.000 €
aprox) en facer promoción da ruta, un gasto dende o noso punto de
vista desproporcionado para os obxectivos que persegue.
Por outra banda en caso de que este malecón non se arranxe poder
peligrar as casa dos veciños de Espadaneira no Couto.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario