sábado, 26 de enero de 2013

PLENO ORDINARIO, LUNS 28 DE XANEIRO

Este luns 28 de Xaneiro teremos pleno ordinario ás 9 da mañan no Concello de Ponteceso APIN levará unha moción para que o concello presente un recurso potestativo de reposición sobre o estudo de impacto ambiental da mina de Corcoesto, en rogos e preguntas presentamos unha sobre a problemática dos cheiros nas depuradoras de Corme e Ponteceso e na avenida Eduardo Pondal, outra sobre a curva de Tella, unha para que se explique o contencioso-administrativo entre o Concello e a empresa de augas Espina y Delfin e unha mais sobre a lamentable situación do malecón na espadeneira.
Lembrade que a asistencia é importante.
LUNS 28, 9 DA MAÑÁ, SALON DE PLENOS DO CONCELLO DE PONTECESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario