sábado, 27 de abril de 2013

APIN PRESENTARÁ OITO RECLAMACIÓNS OS PRESUPOSTOS


APIN presentará o vindeiro luns 29 de Abril oito reclamacións aos presupostos 2013 que o Concello de Ponteceso aprobou de maneira provisional cos votos favorables tan so do Partido Popular en sesión extraordinaria celebrada o día 8 de abril de 2013

 Estando os mesmos en periodo de exposición pública ao efecto de reclamacións  por un periodo de 15 dias a partir da data de publicación no BOP da Provincia de A Coruña e considerándonos parte interesada no procedemento é polo que presentamos as seguintes reclamacións:



1º RECLAMACIÓN:  

Os orzamentos do Concello de Ponteceso do 2013 vulneran o dereito de participación e consulta á cidaddanía e non foron presentados en prazo (antes do 31 de decembro de 2012)


2º RECLAMACIÓN: 

A elevada cuantía do Remanente Negativo de Tesourería ( 658.534.21€) que incumple o Plan de Axuste, a débeda da conta 413 (obrigas pendentes de aplicar ao orzamento) de 1.180.260.63€,  o recoñecemento extrajudicial aprobado na mesma sesión do 8 de abril por un importe de 624.193€, a débeda ás entidades financieiras por importe de 3.273.269.50€ , fai que partamos dunha débeda de CINCO MILLÓNS SETECENTOS TRINTA  E NOVE MIL NOVECENTOS SETENTA EUROS.

 Se a esto engadimos que nos orzamentos do 2013 prevense uns igresos por ICIO de 1.200.000€ ( cantidade que non se recaudou nos últimos 8 anos xuntos) chegamos á conclusión que son uns orzamentos ficticios, serven só para encher os papeis de números e nada máis, polo que solicitamos que se elaboren uns novos orzamentos para o 2013.

3º RECLAMACIÓN:

Solicitamos a supresión das partidas seguintes

912.226.01.-Actividades protocolarias dos Órganos de Goberno                3.600€

912.231.00.- Quilometraxes Órganos de Goberno                                     1.800€

4º RECLAMACIÓN: 

Solicitamos a reducción de 30.000 € nas partidas seguintes:

912.100.00 retribucións Órganos de Goberno                                         147.202.92 €

912.160.00 seguridade social Órganos de Goberno                                  47.867.40 €

5º RECLAMACIÓN:

Resulta difícilmente explicable que o Concello suprima as subvencións as festas patronais e aumenten de xeito espectacular as partidas de festas populares organizadas polo concello (Antroido e Banda de.... 22.000 € e a da Festa das Fabas ata 8.200 €.

Solicitamos a distribución destas partidas en subvencións as festas patronais.

6º RECLAMACIÓN:

As partidas seguintes:

330.489.00 Cultura           14.771.71€

340.489.00 Deportes        22.400.00€

Deben distribuirse a través de convocatorias con concurrencia competitiva  e non “a dedo”.

 Asimesmo debense ter en conta a aqueles deportistas individuais que participan en competicións nacionais e internacionais  como por exemplo  MARTIN VARELA  ( tenis en cadeira de rodas) e SANDRA GARCIA ( kartcros)

7º RECLAMACIÓN: 

Solicitamos dúas novas partidas para Fomento do Emprego e Revitalización do Comercio



8º RECLAMACIÓN:

Solicitamos o aumento nas partidas de Asistencia Social e Dependencia dada a situación de moitas familias do Concello .

No hay comentarios:

Publicar un comentario