jueves, 23 de mayo de 2013

CARTA AOS CIDADANS DE PONTECESO E AO Sr ALCALDE



 Aínda que ao Sr. Alcalde de Ponteceso lle guste mezclar todo para non aclarar nada, eu quixera., como concelleiro de APIN contar a historia da construcción do Centro Socio Deportivo Cultural  e que esto deixe de ser motivo de polémica nos Plenos do Concello de Ponteceso.
Quero aclaralo diante da opinión pública pedindo perdón aos socios e socias da A.C. Río Anllóns por utilizar datos da mesma e  deixando constar dende un principio que só compete aos socios e socias a situación da entidade. NAS OBRAS DO CENTRO CULTURAL NON HAI NIN UN SÓ CÉNTIMO DE SUBVENCIÓN DE NINGUNHA ADMINISTRACIÓN,  polo tanto o Concello non ten nada que pinchar nin cortar neste tema por moito que o Sr. Alcalde o intente.
 Como é bastante longo o relato vouno dividir en distintos apartados.

1º A A.C. Río Anllóns tiña un Centro Cultural “feito” ( quero remarcar o de feito porque é literal) por moitos dos socios , financiado por moitos dos socios, incluso con préstamos persoais. Dito centro foi no seu momento un emblema para Ponteceso pois contaba cunhas instalacións que non había en ningún concello da Costa da Morte.
2º No ano 2004 a Asemblea Xeral da Asociación decidiu estudiar a forma de ampliar e ofrecer novas instalacións aos socios e socias . Falouse co Concello de Ponteceso e o Sr. Alcalde propuxo o seguinte:
Que a  ACRA cedera a propiedade  do Centro Cultural ao Concello de xeito gratuito cun dereito de retracto de dez anos . Logo dunha asemblea  moi “movida” aprobouse esta cesión pero o Sr. Alcalde volveuse atrás.
3º No ano 2005 a Asociación fixo un proxecto de ampliación do Centro que a asemblea aprobou por unanimidade pero no momento de pedir permisos atopámonos que o Centro Cultural, que tiña licenza de obras de cando se construira ( antes da lei de costas do 1988) estaba afectada por dita lei. E estaba afectada porque no PXOM do ano 2002 non tivemos moita sorte e o noso Centro deixou de ser urbano a pesar de estar totalmente integrado no casco de Ponteceso cando houbo outros  solares que se beneficiaron do PXOM coas mesmas caracteristicas que os da Asociación.
4º Total, que despois de moitas viaxes á Coruña para que a Demarcación de Costas  tivese en conta que o edificio estaba integrado na paisaxe urbana de Ponteceso e nos deixase seguir co noso proxecto o único que nos ofrecían era derrubalo e  pagarnos unha cantidade tasada por dúas empresas independentes. Como non tiñamos outra alternativa , a asemblea do 6 de maio de 2006 aceptou a tasación  por importe de 549.202,5€ e que se devolvese ao Sr. Jaime Valdés Parga o solar que xentilmente nos donara .
 É MOI IMPORTANTE ESTE PUNTO, ÍAMOS RECIBIR UNHA CANTIDADE DE CARTOS PORQUE COSTAS DECIDIA DERRUBAR UN EDIFICIO E TIÑA QUE PAGAR UNHA INDEMNIZACIÓN. NON ERA NINGUNHA SUBVENCIÓN E A ASOCIACIÓN PODÍA UTILIZAR ESA CANTIDADE DE CARTOS NO QUE OS SOCIOS DECIDIRAN.
5º A Demarcación de Costas púxose en contacto co Sr. Jaime Valdés e, por causas que decoñezo, non chegaron a acordo sobre o solar antes indicado polo que a única solución que tiñamos era un longo proceso administrativo. Intentarei resumir todo o que poida este proceso.
a)      Aprobación do deslinde de bens de dominio público marítimo-terrestre desde o peirao de Balarés  ata o límite co Concello de Cabana de Bergantiños en Anllóns (9576m). Recibido na asociación o 16-11-2006
b)      Solicitude de concesión administrativa ( dado que o Centro estaba en zona de dominio público era necesario ter unha concesión) . Cconcedida o 11 de febreiro de 2008 .
c)      Declaración de utilidade pública , comunicada o 5 de xuño de 2008
d)     Rescate dos dereitos adquiridos. Ë decir que a concesión que nos deran rescatabana a cambio do pago dunha indemnización.
e)      Aceptación  da valoración feita para o rescate.
f)       Acta de rescate con data do 29-01-2009.
g)      Acta de pago con data do 29-01-2009
Ë decir, dende que se tomou a decisión de aceptar o derrubo ata que cobramos pasaron TRES anos.
6º Por suposto que para  todo este proceso foron necesarias moitas viaxes, moitas chamadas, moitas entrevistas e moitos agradecementos a diversas persoas, algunhas xa non están entre nós como Eliseo Barca Pallas, ( Liso) e Xosé Manuel Pose Mesura, naqueles momentos subdelegado do Goberno. Incluso chegamos ao Sr. Rodríguez Zapatero a través de correos electrónicos e ás persoas que traballaban alí debemos estar moi agradecidos porque fixeron moito para que se axilizase o expediente.
7º Ao mesmo tempo que estabamos co tema de Costas empezamos a estudiar para onde iamos  construir o Centro novo e puxémonos a buscar algunha subvención.
A búsca do solar non estaba doado naqueles momentos (2006-2007) .Despois de moito buscar atopamos o que mais tarde mercamos pero o prezo era alto e os competidores eran moi fortes. Logo de moitas visitas a súa dona e de buscar o maior número de influenzas ,conseguimos que aceptara vender e esperar a que cobraramos a indemnización de Costas para cobrar ela.
 Chegado  este punto  teño que lembrar a figura de JOAQUIN DOMINGUEZ VARELA , non só polo seu traballo dende a fundación da Asociación , traballo que encherían moitos folios para poder contalo , senon tamen polo esforzo, encomiable ,  para convencer á dona do solar, cousa que non foi nada doada.
 Se foi unha monstruosidade o que pagamos ou non o foi, habería que retroceder no tempo e mirar de novo o que pedían por calquera solar en Ponteceso naquela época..
 Por certo, a  tasadora “ Gestión de Valoraciones y Tasaciones S.A. GESVAT”o 5 de setembro de 2007 fixo unha valoración do solar en  200.582.44€  e se buscamos en Internet ofertas de solares na actualidade , o solar da Asociación aínda hoxe estaría nun prezo razonable.Por último, a compra foi aprobada pola Asemblea da Asociación por unanimidade dos presentes que foron ver o terreo na mesma reunión .
8º Penso que quedan aclarados dous puntos.
a)      A ACRA non recibiu NINGUNHA subvención de ningunha administración para o proxecto.
b)      A compra do solar foi nun momento complicado pola situación do mercado e foi decidido polos socios e socias que son os que teñen poder de decisión.
9º Pasemos agora  ao tema da Subvención do AGADER.
Unha vez que tiñamos un solar e un proxecto puxémonos a buscar solucións para a financiación.
 Soliciramos axudas ao Concello e o Sr. Alcalde falou da posibilidade de solicitar unha axuda a AGADER  e que el ía intentar que se aprobase na Asociación Comarcal para o Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños. Asimesmo comprometeuse a axudar por parte do Concello cunha cantidade de 150.000€ posto que había outras entidades que recibiran subvnecións para obras e que “Río Anllóns” non podía ser menos tendo en conta a importancia do proxecto.
 O día 2 de outubro de 2006 presentamos a petición en Buño( AGADER) e o 21 de decembro de 2006 asinamos o contrato de axuda (importe da axuda 196.141.85€)
10º Tiñamos pois, en teoría, os seguintes cartos para empezar as obras:
---196.141.85€ da axuda do AGADER
---150.000.00€ comprometidos polo Concello de Ponteceso
---549.202.00€ da indemnización da Demarcación de Costas
TOTAL : mais ou menos 900.000 € pero en realidade estábamos sin efectivo para mercar o solar e facer a obra que tiñamos que rematar, como moi tarde, a finais de 2008 para non perder a axuda do Agader.
11º Entón fomos a un banco ( BANESTO oficina de Ponteceso) que aceptou financiar o proxecto.
Nun primeiro momento asinamos un préstamo-ponte con garantía sobre a axuda do Agader.Ao conceder ese préstamo aceptaban que fianciarían toda a obra .Para poder cobralo tiña que rematarse o proxecto porque do contrario non se cobraría a subvención que eles tiñan pignorada.
Cando tivesemos o documento oficial da Demarcación de Costas pasaríamos a formalizar un préstamo hipotecario sobre o Centro Cultural .
 Dito préstamo sería abonado coas subvencións de Agader  e do Concello e coa indemnización de Costas quedando ao remate unha hipoteca de 200.000€ cunhas cuotas fácilmente asumibles segundo o Plan de Viabilidade presentado. É dicir, a obra estaría rematada a tempo e a Asociación contaría cunha infraestructura impresionante , nunha localización idílica e cunha débeda fácilmente asumible que representaba tan só o 18% do valor.
11º E empezaron as obras, todo máis ou menos segundo o previsto pero chegaron os tempos dos problemas na banca e BANESTO deixounos na estacada. A Pesar das moitas reunión cos “xefes” da entidade non conseguimos que cumpriran o tratado e tivemos que parar as obras e perder a subvención do Agader.

 Espero que, con toda esta información, quede claro o tema que tanto “preocupa” ao Sr. Alcalde aínda que, repito:AS OBRAS DA ACRA SON DUNHA ASOCIACIÓN, POLO TANTO SON COMPETENCIA DOS SEUS SOCIOS E SOCIAS E NON RECIBIMOS NINGUNHA SUBVENCIÓN

12º Co tema das festas de A Barquiña, outra das teimas do Alcalde,como dá para outro documento tan extenso coma este vou deixalo para outra ocasión pero podo rebatir todas e cada unha das  súas falsedades e  difamacións .
13º José Manuel Pose Verdes, concelleiro de APIN en ningún momento insultou, menospreciou ou difamou sobre as actividades do Sr. José Luis Fondo Aguiar alleas ao seu cargo , polo tanto, pídolle desde estas liñas que fagoa o mesmo. Eu non penso entrar nunca nese terreo por moito que el o pretenda pero dado que sempre fala da miña xestión é a miña obriga como concelleiro que explique aos cidadáns de Ponteceso en que gastou SETE MILLÓNS DE EUROS( mil cento e pico millóns de pesetas ) que debemos todolos habitantes de Ponteceso pola súa xestión e como vai facer para pagar esa débeda. REPITO : É A MIÑA OBRIGA PREGUNTARLLE E A SÚA CONTESTAR.


Moitas grazas a todos e todas

No hay comentarios:

Publicar un comentario