martes, 5 de mayo de 2015

APIN na coalición SON

SON PONTECESO – APIN

Hoxe 21 de Abril de 2015 dende Ponteceso poñemos en coñecemento dos medios que o vindeiro 24 de Maio acudiremos as eleccións municipais.

Onte presentamos unha lista con trece candidatos, baixo o nome dunha nova plataforma chamada SON.
Agrupación Pondaliana Independente (Apin) non desaparece, se non que se integra nesta nova plataforma creada baixo a idea de A Nova, Esquerda Unida, Ecosocialistas e a que se uniron multitude de movementos cidadáns, independentes, asociacións, mareas, etc.

Apin integrase nesta plataforma con fin de evitar a multitude de inconvintes e trabas burocráticas polas que estábamos destinados a pasar se nos presentásemos como agrupación de electores.

Así mesmo compartimos a idea xeral de esta plataforma que non é outra que a de crear unha fronte común contra as políticas que os grandes partidos nos teñen acostumados, creemos que é necesario e imprescindible que xente do común se una e participe da política municipal, queremos devolver o poder democrático os veciños e veciñas, que estes se sintan participes e integrados no seu pobo ou aldea.

Hai catro anos presentámonos cun programa no que os catro puntos básicos eran, traballo, honestidade, transparencia e propostas creativas.

Desta volta, imos redactar asambleariamente e en aberto un programa condicionado a un código ético asinado por todos os membros da candidatura, no que o eixo do mesmo sexan AS PERSOAS E A XENTE COMÚN.
Creamos unha lista na que teñen cabida multitude de persoas de diferentes sectores e nucleos de poboación e na cal todos contribuiremos con propostas, honestidade, e traballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario