jueves, 14 de mayo de 2015

CÓDIGO ÉTICO APIN-SON

O obxectivo deste Código Ético é asegurar que a política deixe de estar ao servizo de intereses particulares para ser unha actividade na que veciños e veciñas participen e poidan decidir democraticamente en todos os asuntos da súa comunidade.
Os principios recollidos neste Código Ético comprometen a todas as persoas da candidatura que ocupen cargos electos.
Todas estas persoas comprométense a:
Defender a aplicación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos nos ámbitos social, político e institucional da nosa sociedade.
1. Non poderán estar imputados ou condenados por delitos de corrupción, prevaricación, tráfico de influencias, enriquecemento ilícito, suborno, malversación, apropiación de fondos públicos e demais relacionados co exercicio da función pública. Tampouco por delitos por violencia de xénero, xenofobia ou calquera outro contra os Dereitos Humanos ou os dereitos das persoas traballadoras, renunciando de maneira automática ao seu cargo ante unha imputación judicial por as citadas causas.
2. Aceptarán a censura ou a revogación dos seus cargos por desleixo de funcións, mala xestión, incumprimento non xustificado do programa ou dalgún aspecto deste Código Ético,segundo o establecido no Regulamento da Asamblea.
3. Desempeñarán con lealdade, ética e transparencia as súas responsabilidades, defendendo o establecido no Programa Político da candidatura, actuando como verdadeiros representantes obrigados a seguir as decisións tomadas mediante mecanismos democráticos.
A candidatura combaterá especialmente calquera forma de racismo, xenofobia ou discriminación por razón de xénero ou orientación sexual e favorecerá a participación política das mulleres e da xuventude.
4. Comprometeranse á democratización do exercicio das súas funcións, a dar un trato humano e digno aos veciños, moi especialmente a aqueles que pertenzan aos colectivos máis vulnerables.
Comprometeranse, así mesmo, a crear e facilitar nas áreas de traballo que teñan baixo a súa responsabilidade un clima e una cultura administrativa de transparencia, rendición de contas e portas abertas á veciñanza rexeitando comportamentos autoritarios e non democráticos.
5. Renunciarán a agasallos e privilexios que se lles poidan ofrecer. Non duplicarán salarios nin cargos, agás os vinculados á súa condición. 
6. Subscribirán un compromiso de transparencia e rendición de contas ao longo e ao final da súa actividade como representantes. En concreto deberán presentar e facer público un informe de xestión anualmente á asemblea.
7. Garantir a participación veciñal na toma de decisións relevantes e na posición política da candidatura en asuntos estratéxicos e proxectos de impacto social, ambiental ou urbanístico, especialmente en relación co PXOM.
8. Comprometeranse na defensa da lingua galega e a súa normalización na vida do Concello e na protección e enriquecemento do patrimonio material e inmaterial, o medioambiente e a diversidade cultural e artística.
9. Manter un contacto habitual con colectivos en situación de vulnerabilidade, garantir o espazo necesario nas súas axendas para atendelos e dar respostas as súas propostas, e ter presentes á hora de tomar decisións os informes das persoas da administración que traballan con estes colectivos. Tamén como mínimo, un día ao mes deberá de recibir á veciñanza.
Tamén como mínimo unha vez ao ano fará unha reunión en cada unha das parroquias de Ponteceso.
10. Facilitar todos os ingresos, bens e rendementos patrimoniais, así como todos aqueles datos necesarios (rexistro de intereses) para a detección de posibles conflictos de intereses.Este compromiso extenderase aos 3 anos seguintes á súa saída da función pública.
11. Facer públicas as axendas dos representantes, para facer visible con quen se reúnen e os temas que se tratan. Faranse públicos tamén as ordes do día e as actas das reunións.
12. Non acceder durante un período, mínimo de 5 anos, a cargos de responsabilidade en empresas creadas, reguladas, supervisadas, ou que teñan sido beneficiarias dun contrato municipal, dentro do ámbito e/ou sector onde desenvolveu a súa función representativa. En ningún caso se ocuparán cargos nos consellos de administración destas.
As persoas con cargos electos comprométense a:
Limitar o seu mandato a dúas lexislaturas consecutivas, excepcionalmente prorrogable a un mandato máis sempre que se dea un proceso de discusión e validación cidadá, na asamblea da candidatura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario