jueves, 28 de julio de 2011

Obras na Avenida Eduardo Pondal

APIN (Agrupación Pondaliana Independente) mediante o seu concelleiro na corporación de Ponteceso, presentou a seguinte solicitude a atemción do Sr alcalde:

Expon: 

Que co motivo das obras de recollida de pluviais e augas residuais na Avenida Eduardo Pondal de Ponteceso estánse a producir perxuixios e molestias aos negocios e aos veciños de dita avenida.
Entendendo  que moitos destes son inevitavles pero outros poden ser minimizados polo que:

Solicita: 

1º Presenza da policia local no cruce da estrada a Malpica e no cruce da Ferradura, sobre todo en horas punta nas que o semáforo instalado non é suficiente para regular o tráfico.

2º Desde a hora de remate da xornada de traballo pola empresa ata as 10 da noite que o camión de bombeiros do Concello regue a obra para evitar que o pó inunde os negocios e vivendas da avenida.

3º Solicitar a empresa a colocación das chapas de ferro dun xeito que provoquen menos ruído e non sexan un perigo para a circulación.


Ponteceso a 28 de Xullo de 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario