domingo, 25 de septiembre de 2011

Pleno Ordinario o vindeiro luns 26 de Setembro ás 9 da mañá.

Destrozos do Xabarín
Maña Luns ás 9 da mañá celebrarase o pleno ordinario do Concello de Ponteceso, dende APIN informámosvos das cuestións que imos levar o pleno.

Expoñerémos que con motivo das obras na Avda Eduardo Pondal en Ponteceso a situación na que se atoparon os veciños e comerciantes foi penosa xa que aparte dos problemas lóxicos dunha obra desa embergadura, notouse unha falta total de limpeza na mesma, sobre todo no mes de Agosto no que o lixo campaba por todos os recunchos da avenida.
Asimesmo entendendo que non foron os mellores meses para ás obras dado que é nestes meses de verán cando máis trafico hai por esta avenida e cando máis se traballa nos negocios e polo que pregaremos que se teñan en conta estes factores en futuras obras para que os perxuízos sexan os menos posibles para os veciños e negocios.

Preguntarémoslle o Concelleiro de Medio Rural que explique o Pleno da Corporación Municipal que medidas tomou, ou vai tomar o Concello para axudar aos veciños que sofre tódolos anos problemas nas súas explotación agrarias debidos ao xabarín.

Tamén lle preguntarémos o Sr Alcalde para que conste no pleno da Corporación Municipal cales foron os criterios que se seguiron para agasallar ás persoas vinculadas co levantamento do Monolito de Pondal e porque non se invitou aos concelleiros sendo un acto constitucional.

Pregarémoslle o Sr Alcalde que promova convenios cos propietarios de terreos no casco urbano de Ponteceso para adecentalos e facer aparcamentos dos que tan necesitados estamos e promocionalos para que a cidadanía os empregue.

Lembrámosvos que se tedes algunha cuestión que queirades levar a pleno solo tedes que facérnola chegar, estudarémola e veremos a posibilidade de expoñela en vindeiros plenos ordinarios

No hay comentarios:

Publicar un comentario